Cargando resultados...
O Compostela comeza o campionato cun empate sen goles en Miramar
Antas tivo a mellor ocasión da primeira metade e Manu Barreiro a da segunda
G24.gal
03/09/2023 20:27
O novo e ambicioso proxecto do Compostela comezou no campo de Miramar. De alí veu o novo adestrador santiagués Manel Menéndez, e coñecía ben o rival e o tipo de fútbol que ían atopar ante o Marino de Luanco.
Foi un partido de poucas ocasións. O Compostela estivo sólido en defensa e buscou marcar nalgún dos achegamentos que xerou. Na primeira metade un remate de Antas nunha posición inmellorable foi a opción sobranceira.
Na segunda Parapar e Manu Barreiro gozaron de boas ocasións pero o Pato Guillén tamén estivo providencial para salvar un remate axustado ao poste de Abraham.