Cargando resultados...
O Compos rabuña un punto na Nova Balastera
G24.gal
29/01/2022 21:25
Na Balastera, o Compostela rabuñou un punto ben traballado.
No 11, primeira ocasión compostelá o remate era de Primo a rentes do pao. No minuto 14 paradón de Guillén a tiro de Silva que tiña todo ao seu favor para conseguir o primeiro dos locais.
Despois de media hora de xogo, nunha contra moi ben levada polos palentinos, Frodo tira proveito dun rexeitamento para bater ao Pato Guillén no man a man. No minuto 81, penalti favorable aos santiagueses. Córner que saca Jordan, peitea Baleato e a pelota golpea na man dun defensor.
Escudero tranforma a pena máxima e mantén ao Compos na zona alta da táboa clasificatoria.