Cargando resultados...
O Compos esperta tarde e cae dos postos de fase de ascenso
Perdeu por 1-2 diante do Navalcarnero
G24.gal
10/04/2022 19:27
O Compostela cae despois de moitas xornadas de postos de fase de ascenso logo de perder no Vero Boquete diante do Navalcarnero. O partido torceuse moi cedo porque aos oito minutos remataba á rede Marcos Mendes.
Tivo boas ocasións o equipo de Rodri para empatar pero no 31 Loren anotaba o 0-2. No segundo tempo o téncico santiagués meteu trocos pero foi incapaz de xerar perigo na área do Navalcarnero. Unha cabezada de Álvaro Casas no 78 deu certa esperanza que se diluiu ao final.
O Navalcarnero asegura un posto no play off e o compostela cae desas posicións de privilexio.