Antonio Couceiro: “O veredicto de Apelación parécenos insólito"
O Comité de Apelación tamén desestimou o recurso pola suposta aliñación indebida do Bilbao Athletic
O Deportivo recorrerá ante o TAD contra a resolución de Apelación
O Deportivo continúa sen poder gañar partidos nos despachos. O Comité de Apelación tamén desestimou o recurso pola suposta aliñación indebida do Bilbao Athletic, apoiando a decisión que o Comité de Competición tomara hai unhas semanas.
No que se refire a efectos clasificatorios, nada cambia no Grupo I de Primeira RFEF. Os de Borja Jiménez seguen con 68 puntos, suman tres máis que o Racing de Ferrol cando faltan tres partidos. Polo tanto, terán que pelexar ata o final para selar a segunda praza.
O Deportivo recorrerá ante o TAD contra a resolución de Apelación.
Antonio Couceiro, presidente do Deportivo, manifestouse sobre o veredicto de Apelación. Preguntado sobre ese particular, o mandatario foi claro e preciso:
“O único que podo dicir é que nos parece insólito e imos recorrer ante o TAD. Estamos convencidos de que temos a razón, hai antecedentes exactamente iguais nos que se sentenciou en contra. Debemos chegar ao límite do posible en canto á xustiza deportiva permita”.