Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comité clínico aprobará o protocolo para o Entroido o vindeiro martes

O comité clínico aprobará o protocolo para o Entroido o vindeiro martes

Sanidade aposta pola uso de espazos exteriores, distancia e máscara

Tamén abordarán limitar o número de comensais para reducir o risco de contaxio

G24.gal 21/01/2022 14:32

Xa queda menos para que bote a andar o calendario dunha das festas máis arraigadas en Galicia, o Entroido, e para súa celebración elaborouse un protocolo que deberá ser aprobado o vindeiro martes polo Comité Clínico.  Nel apóstase polo uso de espazos exteriores, distancia de seguridade e máscara. Ademais tamén se estudará a limitación de comensais para intentar reducir o risco nun dos momentos nos que hai máis perigo de contaxio, cando se saca a máscara para xantar. Neste intre o límite está en 10 persoas.

Ademais do protocolo do entroido, cos contaxios de estabilizados, o Comité tamén abordará un posible alivio das restricións vixentes. Mentres Sanidade insiste, unha vez máis, na importancia da vacinación para evitar as consecuencias máis graves da enfermidade. Nun dos hospitais galegos o cen por cento dos ingresados na UCI son persoas non vacinadas a pesar de que na nosa comunidade a porcentaxe de poboación que non se puxo ningunha vacina é tan só o 4 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar