O comercio local de Ourense súmase ao festival de cine decorando os escaparates
O comercio local de Ourense súmase ao festival de cine decorando os escaparates
Unha trintena de comerciantes e hostaleiros participan no concurso de escaparates inspirados na sétima arte
A alfombra azul do festival de cine de Ourense sae das salas de proxección á rúa para recordarnos que a cidade se rende á sétima arte. "É moi bo para o comercio local e para a cidade, porque se move máis xente", sinala a autora do escaparate gañador, dunha tenda de roupa da zona vella.
"É un manequín cun vestido de cerimonia, coma se fose unha actriz que vai pola alfombra vermella. Fixemos tamén unha cámara de madeira...", explica a dona do comercio, Rosa María Costa.
Unha trintena de establecementos, entre locais comerciais e de hostalería, participan nesta iniciativa que pretende levar o festival a cada recuncho da cidade. É un dos obxectivos desta 28.ª edición do festival: que todo Ourense se encha de cine.
Luis Rivera, Presidente do Centro Comercial Aberto de Ourense Centro: "Para nós e para a cidade é positivo, porque implica mobilizar xente e falar do comercio en positivo, con actividades culturais".
Xa anuncian que farán un remake para a próxima edición do festival.