Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cisne gaña en Alcobendas e pasa á segunda rolda da Copa de balonmán

O Cisne gaña en Alcobendas e pasa á segunda rolda da Copa de balonmán

Partido moi serio do equipo pontevedrés, que se impuxo por 25-29

G24.gal 11/10/2023 22:08

O Cisne correu a mesma sorte que o Novás e xogará a segunda eliminatoria da Copa do Rei de balonmán. Tiña un compromiso complicado porque xogaba como visitante na pista do Balonmán Alcobendas, tamén da segunda categoría. Logrou a vitoria por 25-29. 

Partido moi serio dos de Jabato que, mediado o primeiro tempo comezaron a ter vantaxes de catro goles (7-11) e aguantaron os intentos do Alcobendas para achegarse. Ao descanso foron con tres goles de renda (14-17). 

No segundo tempo o Alcobendas púxose a un só gol (19-20), pero un parcial de 2-6 devolveu a marxe a confianza ao equipo galego que afrontou os últimos minutos con moita solvencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar