Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cisne acada a súa segunda vitoria da temporada contra o Sinfín

O Cisne acada a súa segunda vitoria da temporada contra o Sinfín

Foto: Fernando Lago @ASOBAL
G24.gal 18/09/2022 10:08

O Cisne acadou o segundo triunfo da temporada, e segundo na súa pista, logo de vencer ao Sinfín por 30 a 29. Foi nun partido moi igualado, que se mantivo así durante toda a primeira metade. Ao descanso chegouse cun 15 a 16 a prol dos visitantes. Non foi ata mediada a segunda parte cando os pontevedreses acadaron unha renda de tres tantos, 23-20, que xa puideron administrar ata o 30 a 29 final.

Alexandre Chan liderou a vitoria con dez goles, e sen erro no lanzamento. Polo Sinfín, Leonardo Alonso tamén anotou dez tantos. Con este triunfo, o Cisne suma catro puntos no seu retorno á Asobal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos