Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cinema galego que vén, con Ángel Suanzes

O cinema galego que vén, con Ángel Suanzes

Primeiras imaxes de catro filmes galegos: 'Matria', 'O corpo aberto', 'Sica' e 'Cando toco un animal'

G24.gal 23/06/2022 16:09

Matria, de Álvaro Gago, conta a historia de Ramona, unha muller que interpreta María Vázquez e que comeza a coidar dun home maior tras o despedimento do seu traballo como mariscadora.

O corpo aberto, de Ángeles Huerta, é filme de terror a partir dunha unha adaptación dun texto de Méndez Ferrín con Tamara Novas como protagonista.

Sica, de Carla Subirana, relata unha historia de familia na Costa da Morte.

Cando toco un animal, de Ángel Filgueira, é un filme sobre a intimidade entre un trío composto por un home e dúas mulleres novas interpretadas por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Anllo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar