Publicador de contidos

Publicador de contidos

A baixada ao Villa de Pitanxo e a súa inspección prevense para este verán

A baixada ao Villa de Pitanxo e a súa inspección prevense para este verán

O CIAIM publicará nos vindeiros días o informe preliminar sobre a investigación do naufraxio

G24.gal 13/02/2023 18:47 Última actualización 13/02/2023 19:39

A Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) anunciou este luns que emitirá nos "próximos días" o informe preliminar sobre a investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo no Canadá.

Este primeiro documento será abordado nunha reunión interna que se celebrará o vindeiro xoves 16 de febreiro.

O informe expoñerá datos obxectivos relativos ao buque, a súa tripulación e a súa actividade ou ás operacións de procura e salvamento que se realizaron.

"Non se incluirán nel as hipóteses e análises que se están utilizando na investigación, nin as conclusións sobre as causas do accidente, que só se emitirán cando se peche a investigación", aclarou o organismo.

A CIAIM prevé ademais que as operacións de procura, localización e inspección do barco teñan lugar ao longo do próximo verán.

Esta intervención explorará inicialmente o fondo mariño no punto xeográfico do afundimento do buque e na área circundante onde se considere máis probable atopar o barco.

Tras a súa localización, procederase á súa inspección visual mediante un vehículo operado remotamente  dotado de cámaras para examinar distintos aspectos do buque, dos seus equipos, das súas artes de pesca e do fondo mariño, que poidan resultar de interese para a investigación de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade