Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Chicle será xulgado en novembro por agresión sexual á súa cuñada

O Chicle será xulgado en novembro por agresión sexual á súa cuñada

Enfróntase a unha pena de ata 15 anos de prisión

Imaxe de arquivo de José Enrique Abuín Gey, alias 'o Chicle' declarando Imaxe de arquivo de José Enrique Abuín Gey, alias 'o Chicle' declarando
G24.gal 29/08/2022 16:31

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o próximo mes de novembro o xuízo contra José Enrique Abuín Gey alias 'O Chicle' -culpable do asasinato de Diana Quer- por unha agresión sexual á súa cuñada en xaneiro de 2005, cando esta tiña 17 anos.

Segundo ratificou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a vista está prevista entre o 22 e 24, e Abuín Gey enfróntase a unha pena de ata 15 anos de prisión, como solicitan tanto o Ministerio Público como a acusación particular.

A instrución do caso concluíu en decembro de 2021 cando a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Noia remitiu o auto á audiencia provincial tras practicar “cantas dilixencias se estimaron útiles e necesarias para o esclarecemento e comprobación dos feitos, participación que tivo neles o procesado e as circunstancias que na súa comisión concorreron”.

O sumario foi incoado en xaneiro de 2005 e, en agosto dese ano, decretouse o sobresemento provisional e arquivo da causa, que foi reaberta en marzo de 2018.

No citado auto, a xuíza asegura que das dilixencias de instrución practicadas “despréndense indicios bastantes” de que o investigado realizou “actos atentatorios contra a liberdade sexual” da denunciante cando presuntamente, convenceu á súa cuñada para levala en coche ao instituto e desviouse do traxecto ata deter o turismo nun parque do termo municipal de Lousame (A Coruña).

Unha vez alí, colleulle o seu teléfono móbil, pechou o coche, intimidouna cun coitelo ou navalla e obrigouna a manter relacións sexuais, sostén en base ás probas practicadas.

A instrutora sinala no auto de procesamento que os feitos revisten, salvo ulterior cualificación, os caracteres dun delito de agresión sexual con penetración vaxinal, coa concorrencia das agravantes de prevalimiento, pois a vítima era a súa cuñada e tiña 17 anos, e de cometer a agresión facendo uso de arma branca.

Destaca que o relato da vítima durante todos estes anos “foi coherente e consistente” e que se corroborou “polo resultado doutras dilixencias de investigación”.

No escrito, a instrutora incide en que o feito de que o acusado xa foi condenado polo asasinato de Diana Quer, cometido en agosto de 2016, e por tentar agredir sexualmente a unha moza en Boiro en decembro de 2017, o que “reforza os indicios de veracidade” da denuncia da súa cuñada, pois se constata “o mesmo modus operandi”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade