Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ceuta remonta en Pasarón (1-3) e relega o Pontevedra á última praza

O Ceuta remonta en Pasarón (1-3) e relega o Pontevedra á última praza

Luis Martínez adiantou o Pontevedra na primeira metade

Rodri Ríos, protagonista para o Ceuta cun hat trick

O árbitro anulou un gol de Jon Bakero e asubiou un penalti de Casais, xogadas moi protestadas

G24.gal 26/02/2023 14:06

O peor que lle podía pasar ao Pontevedra pasoulle nunha mañá aciaga en Pasarón diante do Ceuta. Perdeu diante dun rival directo pola permanencia e caeu ata o último posto da clasificación.

O curioso é que non xogou especialmente mal. Incluso o fixo ben na primeira parte na que se lle anulou un gol a Jon Bakero por fóra de xogo máis que dubidoso. Errou o árbitro e tamén o Pontevedra na definición, como nesta clarísima oportunidade de Borja Domínguez. A cinco minutos do descanso, os de Toni Otero obtiñan o premio, cun gol de Luis Martínez. Rematou con contundencia un saque desde o recanto.

Antes dese gol tivera unha opción clara o Ceuta e non desaproveitou a segunda, no minuto 44. A defensa do Pontevedra fai augas e aproveitano Adri Cuevas e Rodri. O primeiro asiste e o segundo marca. Foi a acción que mudou o desenvolvemento do partido, xa que a segunda parte,. sobre todo ao inicio, foi ceutí. Gozou de varias aproximacións e marcou nun penalti cometido por Víctor Casais. Rodri superou a un Pablo Cacharrón que adiviñou a intención. 

O Pontevedra envorcouse na procura do empate pero o único gol que chegou foi, de novo, visitante. completou o triplo Rodri. Un gol con valor engadido xa que lle arrebata a diferenza de goles particular a un Pontevedra que deberá refacerse deste duro golpe para seguir pelexando, agora como pechacancelas, polas súas opcións de permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade