Publicador de contidos

O certificado da covid permite encher albergues

O certificado da covid permite encher albergues

Os grupos burbulla tamén poden ocupar a totalidade das prazas 

G24.gal 30/10/2021 14:55

Dende a apertura no ano 2013 do segundo albergue privado, que se abriu no Camiño Norte no tramo que vai entre Ribadeo e Arzúa, xa se abriron moitos máis. O Camiño, calquera deles, xera riqueza e vida por onde pasa.

As novas medidas

Pepe, o seu xerente, cumpriu con todas as restricións que se esixiron para intentar atallar a covid. Igual que pensa cumprir coa nova normativa, segundo a cal só hai dous casos nos que os albergues poden ocupar a totalidade das súas prazas: se os hospedados conforman un grupo burbulla ou de convivencia estable, ou se todos os hospedados poden acreditar estar totalmente vacinados, se presentan unha proba diagnóstica negativa recente ou se se recuperaron da infección nos seis últimos meses.

Da nova normativa, Pepe cre que o que máis lle vai custar é pedirlles aos peregrinos que lle amosen a certificación.

No caso de que os hóspedes non conformen un grupo de convivencia estable, a ocupación mantense na metade da capacidade do albergue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade