Publicador de contidos
Publicador de contidos

O certificado da covid é obrigatorio para acceder a un ximnasio

O certificado da covid é obrigatorio para acceder a un ximnasio

A medida entrou en funcionamento ás doce desta noite

G24.gal 18/12/2021 16:16

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tamén autorizou a posibilidade de esixir o certificado de vacinación nos ximnasios galegos. A medida entrou en funcionamento ás doce desta noite. 

No ximnasio Cross-Fit de Lugo, a clientela coa que falamos este sábado está conforme por dous motivos: porque a medida evita o peche das instalacións e porque senten máis seguridade.

As persoas que non o poñen no seu perfil da aplicación PassCovid, da Consellería de Sanidade, deben deixar unha fotocopia do certificado no centro. Se non contan co documento, tamén poden presentar unha proba negativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos