Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Os 40 anos do Centro Dramático Galego
A conmemoración coincide coa celebración do Día Mundial do Teatro
A creación do CDG anunciábase o 27 de marzo de 1984
A estrea de Woyzeck inauguraba no verán a actividade da compañía
                            G24.gal
                        
                            27/03/2024 11:50
                        
                        
                        
                        
                    
                    Nun 27 de marzo de hai corenta anos, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. O Centro Dramático Galego, estreaba meses despois as obras Woyzeck con dirección de Xulio Lago e Agasallo de sombras de Roberto Vidal Bolaño.