Cargando resultados...
O Celta xogará o amigable co Boavista o 7 de decembro
A competición regresa xusto antes do Nadal coa segunda eliminatoria de Copa diante do Gernika

G24.gal
01/12/2022 21:24
O Celta vai perfilando o calendario de amigables para a parada do Mundial. O primeiro en facerse oficial é o partido contra o Boavista portugués que se xogará o mércores, 7 de decembro. Nun principio a idea de Carvalhal é disputar catro partidos, dous contra rivais portugueses e dous contra equipos ingleses antes de afrontar a segunda eliminatoria copeira contra o Gernika.
A disputa de partidos serviralle para detectar as necesidades que ten o equipo celeste á hora de reforzarse na xanela de xaneiro, que se abrirá unha vez remate o partido contra o Sevilla, o primeiro de Liga despois deste intervalo de seis semanas sen xogar.