Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta visita Xirona cheo de confianza tras a semana europea

O Celta visita Xirona cheo de confianza tras a semana europea

Claudio Giráldez non poderá contar con Borja Iglesias (21:00 h)

G24.gal 28/02/2026 13:05

A semana europea reconforta o Celta. Coa clasificación para oitavos no peto, o equipo celeste céntrase agora na Liga onde xoga en Montilivi. 

Chega coa confianza que dan as últimas dúas vitorias en Balaídos: ante o Paok e ante o Mallorca, a que lle permitiu o reecontro co triunfo na liga cinco partidos despois. O desta noite (21:00h) é un partido que o Celta afronta sen Borja Iglesias, baixa por acumulación de cartóns. Jutglá perfílase como dianteiro titular. Como é habitual, haberá rotacións. Quedan fóra da convocatoria Marcos Alonso e Starfelt e entra o canteirán Andrés Antañón. Tampouco está Pablo Durán, por lesión.

Di Giráldez que ter a pelota será clave ante o Xirona.

Claudio é consciente do papel que pode xogar Fran Beltrán no cadro catalán, logo da súa saída: "Fran é moi listo, moi intelixente, e entende moi ben o que fai no equipo. Supoño que fará scouting para Míchel, enténdoo. Intentaremos que non saiba o que imos facer. Deséxolle o mellor".

Tamén está en Xirona Rubén Blanco, outro produto da Madroa: "Houbo momentos en que tivemos a Rubén, a Sergio, a Iván, a Yoel... nesa posición. Iván agora non é titular, pero participou na Copa e Europa League. Máis aló da popsición, hai que valorar a cantidade de xogadores que saen da nosa academia", rematou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos