O Celta viaxa a Madrid para enfrontarse co Atlético no Metropolitano
Coudet convocou 22 xogadores para o partido
O equipo vigués visita o Atlético a partir das 21:00 h.
O Celta viaxou na mañá do partido para enfrontarse co Atlético de Madrid, a partir das 21:00 h., no Cívitas Metropolitano. Será o partido correspondente á quinta xornada da Liga, á que os de Coudet chegan logo de sumaren dúas vitorias consecutivas. Con todo, non se trata dunha visita cómoda, como testemuñan os quince anos que leva o equipo sen acadar unha vitoria diante do equipo colchoeiro no seu estadio.
Eduardo Coudet desprazou a terras madrileñas a 22 futbolistas, entre os que destacan a ausencia do mancado Óscar Rodríguez e a presenza de cinco futbolistas do filial. Os habituais Carlos Domínguez e Gabri Veiga, Miguel Rodríguez, Coke e Fran López.
Os nosos 2⃣2⃣ xogadores para buscar a vitoria en Madrid!
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) September 9, 2022
𝗜𝗠𝗢𝗦! #AtletiCelta pic.twitter.com/AOEzjBS3WD