Cargando resultados...
O Celta aterrou en Basilea sen Carl Starfelt pero con Andrés Antañón
No seu lugar incorporouse o canteirán Andrés Antañón
Aspas e Vecino xa teñen a alta médica
G24.gal
08/04/2026 10:41
Última actualización 08/04/2026 13:52
Aspas e Vecino xa teñen a alta médica desde onte e viaxaron coa expedición celeste a Friburgo. Quedou en Vigo o central sueco Carlr Starfelt pero si está Andrés Antañón.
Antes da saída a presidenta Marián Mouriño volveu facer seu prognóstico.
"O meu prognóstico, xa sabes, é 1-2, sempre vou co 1-2".
O equipo aterrou no aeroporto suízo de Basilea, e vai por estrada ata Friburgo.
O colexiado sueco Glenn Nyberg dirixirá mañá xoves o partido de ida de cuartos de final da liga Europa entre Friburgo e Celta Será a primeira vez que o árbitro sueco pite ao conxunto galego.