Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere ser "optimista" na difícil a renovación de Óscar Mingueza

O Celta quere ser "optimista" na difícil a renovación de Óscar Mingueza

O conxunto vigués tamén valora o regreso de Fer López

G24.gal 26/11/2025 11:52 Última actualización 26/11/2025 12:38

O Celta reabriu as conversacións con Óscar Mingueza, que existiron no seu momento, pero que cesaran sen visos de chegar a bo porto. Actualmente, volve haber diálogo entre as partes, pero no club existe plena conciencia do complicado que é que o xogador catalán siga vestindo de celeste máis aló do próximo xuño, cando vence o contrato que asinou no verán do 2022.

Garcés: "Somos optimistas, estamos en conversas e esperamos achegarnos nos postos onde estamos"

O futbolista é moi do gusto de Claudio Giráldez, como se viu no tempo que leva á fronte do primeiro equipo, e está moi a gusto en Vigo, única baza a favor. Pero desde o club enténdese o interese que presumiblemente ten o ex do Barcelona por asinar un último gran contrato aos seus 26 anos. Ademais, tamén existe confianza non só nas presentes alternativas que existen xa no persoal, senón noutras que veñen por detrás, como é o caso de Pablo Gavián, do Fortuna.

A opción dun regreso de Fer López está a ser valorada, pero tampouco parece nada doada. A realidade é que o vigués está a ter unha participación case nula nun club que, ademais, volve estar en problemas clasificatorios por segundo ano consecutivo.

"É moi complicado pero encantaríanos contar con el"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade