Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta ten por diante catro semanas decisivas na súa loita pola permanencia

O Celta ten por diante catro semanas decisivas na súa loita pola permanencia

A primeira gran final será o domingo 25 de febreiro en Cádiz

G24.gal 13/02/2024 17:01 Última actualización 13/02/2024 17:05

A derrota en Xetafe volveu deixar o cadro vigués nunha situación moi delicada, con só tres puntos por riba do descenso. E ademais crece a sensación entre o celtismo de que só os deméritos dos rivais sosteñen a súa posición na táboa e a posible salvación.

Os de Benítez suman 20 puntos e vense favorecidos pola pésima temporada do Cádiz, que leva 20 xornadas sen gañar, o Granada e o Almería, que aínda non gañou ningún partido e asina o peor arranque sen vitorias da historia da Liga.

Por arriba, con tres puntos máis que os vigueses están Mallorca e Sevilla, co diferencial de goles perdido cos baleares. Quedan 14 xornadas por diante e sobrepasado ampliamente o ecuador da maratón á que adoita aludir Benítez o Celta non acaba de coller o ritmo.

Á marxe da visita do Barça este sábado, nas próximas catro semanas o Celta medirase a tres rivais directos pola salvación. A primeira gran final será o domingo 25 de febreiro en Cádiz. Cinco días despois os vigueses reciben o Almería. E a fin de semana do 17 de marzo, na xornada 29, o Celta xogará en Sevilla, que arestora o supera en tres puntos. Ademais na xornada 30 recibe o Raio Vallecano e na penúltima medirase ao Granada no estadio dos Cármenes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade