O Celta segue sen gañar na Liga (1-1)
Durán adiantou os celestes no minuto 20 e Carlos Soler igualou no 89
Foi decisiva a expulsión de Starfelt no tempo engadido da primeira parte
O Celta supera o seu peor rexistro histórico no inicio dunha liga e terá que agardar, polo menos, ata a décima xornada para sumar o primeiro triunfo da liga.
Fronte á Real Sociedade, tomou vantaxe axiña aos 20 minutos nunha xogada en que Mingueza asiste perfectamente para o remate de Pablo Durán, que lle volvía marcar á súa vítima predilecta, a Real.
O conxunto donostiarra xerou máis oportunidades e viu como, nunha acción infantil, Starfetlt era expulsado. A acción chegou no tempo engadido da primeira parte, cando empurrou sen balón a Yangel Herrera.
Coa superioridade numérica, a Real Sociedade dominou claramente. O VAR anulou, por fóra de xogo, un gol a Oyarzábal. O Celta tivo o segundo cun contraataque que non puido aproveitar El-Abdelaoui. Foi unha acción decisiva xa que, contra o final, a Real obtivo o empate. Marcou Carlos Soler e deixou o Celta, unha vez máis, sen unha necesaria vitoria.