Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta segue sen adestrador, pero Mouriño asegura que ten "varias opcións ilusionantes"

O Celta segue sen adestrador, pero Mouriño asegura que ten "varias opcións ilusionantes"

Iraola non será o adestrador que vén de asinar polo Bournemouth

Confirma a continuidade de Kevin Vázquez e o interese por fichar a Carles Pérez

G24.gal 19/06/2023 14:07 Última actualización 19/06/2023 16:12

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, asegurou este luns en conferencia de prensa que o club aínda non ten pechado o adestrador para o seu primeiro equipo, aínda que están a traballar intensamente niso e hai varias opcións que cre que resultarían satisfactorias.

Por iso di que o asunto vai "moi ben"

"Porque queremos ir con calma pero indo un paso máis alá. Non sabemos se o imos conseguir, pero estamos a tentalo con toda a forza que podamos. Creo que pode haber boas noticias. A día de hoxe, non".

Non quixo revelar a identidade de ningún:

"Son varias opcións ilusionantes, non podo dicir os nomes. Dicir un sería antepoñelo aos demais e quedaría mal, temos varias vías abertas nas que traballamos".

Considera que todas elas serían satifactorias para a afección. Afirmouno nunha comparecencia na que falou dos cambios que queren facer, apostando por dar máis importancia ao ámbito deportivo, deixando entrever que tomaron conciencia de que, en ocasións, o descoidaran.

Iraola non será ese o adestrador que vén de asinar polo Bournemouth

Sobre Gabri Veiga, dixo que o cénit do centenario sería que quedase, aínda que non poden facer nada se alguén deposita os 40 millóns da súa cláusula. Asegurou que si se falou con el para renovación cando asinou para ter ficha do primeiro equipo.

Ao preguntarlle polo caso de Santi Mina, deixou a porta aberta á súa rescisión: 

"Estamos a manexalo, pero temos que ver que posibilidades temos, que é o que el quere. Acordádevos que o que ten sempre que asinar o que se queira facer é o xogador".

Confirmou que Kevin Vázquez seguirá sendo xogador do Celta a próxima tempada, así como que a intención do Celta é comprar a Carles Pérez. Teñen unha oferta encima de méxaa por Sergio Carreira e o que suceda cos cedidos dependerá tamén da opinión do adestrador, xa que será unha decisión conxunta. 

Reiterou a súa aposta por Luis Campos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos