Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere encher Balaídos para apoiar o Fortuna no ascenso

O Celta quere encher Balaídos para apoiar o Fortuna no ascenso

O filial celeste pelexará polo ascenso a Segunda División contra a Ponferradina

O primeiro partido será este sábado no Toralín, retransmitido en directo pola TVG

Na eliminatoria co Europa máis de 7.000 seareiros arrouparon o Fortuna en Balaídos

G24.gal 09/06/2026 16:23

O Celta Fortuna afronta un desafío histórico. O filial celeste está a dous partidos de conseguir o ascenso a Segunda División. O rival será a Ponferradina e este sábado no Toralín dispútase o partido de ida. O encontro será retransmitido a través da primeira canle da Televisión de Galicia. 

Marián Mouriño confirmou que no Celta Fortuna-Ponferradina, do vindeiro día 20, abrirán todo o estadio de Balaídos. A presidenta do Celta quere que o celtismo se mobilice no, posiblemente, partido máis importante na historia do filial.

Na eliminatoria ante o Europa, máis de 7.000 seareiros celestes apoiaron o Fortuna nas bancadas de Balaídos. A bo seguro que o celtismo volverá responder. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade