Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere darlle á afección a primeira alegría en Balaídos

O Celta quere darlle á afección a primeira alegría en Balaídos

O cadro de Benítez non puntuou nin marcou nos dous partidos que xogou como local diante do Osasuna e o Real Madrid

G24.gal 16/09/2023 13:17

Despois da vitoria da xornada pasada en Almería, do gol de Swedberg e da inxección de confianza que trouxo o primeiro triunfo na Liga, o Celta regresa a casa. A ese fermoso estadio, que arranca cada xornada cunha afección volcada, cun himno marabilloso pero que logo so ve derrotas.

Polo momento, o Celta nin marcou en Balaídos. Esta tarde (18:30) quere que sexa diferente; con Guaita e Ristic na convocatoria, con Carles, con Tapia e Luca de volta tralos compromisos de seleccións e cun once semellante o da xornada anterior. Todo para medirse ao Mallorca, equipo rochoso, poderoso por arriba e cunhas fortalezas opostas as do Celta.

Celta-Mallorca, con arbitraxe de Munuera Montero e con Beníez bromeando cos xornalistas para que lle expliquen a táctica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade