Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta quere abrir a nova bancada de Marcador ante o Barcelona

O Celta quere abrir a nova bancada de Marcador ante o Barcelona

As entradas venderanse durante tres días (mércores tarde, xoves e venres) exclusivamente aos abonados celestes ao prezo de 5 euros cada unha

G24.gal 29/05/2023 18:18 Última actualización 29/05/2023 18:23

O Celta ten a intención de abrir a nova bancada de Marcador ante o Barcelona na última xornada de Liga. Este é o seu comunicado: 

"O Celta traballa contra o reloxo para poder poñer a nova Bancada ao dispor dos seus abonados para a final o vindeiro domingo ante o FC Barcelona (Abanca Balaídos, 21.00 horas). O club pretende, e niso pon todo o seu empeño, axilizar ao máximo as xestións necesarias para posibilitar a apertura da bancada e multiplicar o apoio ao equipo nun encontro transcendental. Que se poida utilizar a nova bancada depende de diversas cuestións, dúas delas imprescindibles.

A venda será en liña a través da páxina web oficial do club, aínda que os despachos de billetes do estadio tamén abrirán ás 16 horas para venda presencial ata esgotarse. Recoméndase o servizo en liña por unha maior axilidade. No caso de que finalmente a nova bancada estea dispoñible, as entradas venderanse durante tres días (mércores tarde, xoves e venres) exclusivamente aos abonados celestes ao prezo de 5 euros cada unha. Cada abonado poderá adquirir un máximo de dous billetes ata a tarde do día 2 de xuño. Se despois dese día aínda quedan entradas dispoñibles, procederase á súa venda ao público en xeral a un prezo xa superior"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar