Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta puntuou en tres das súas últimas catro visitas ao Sánchez Pizjuán

O Celta puntuou en tres das súas últimas catro visitas ao Sánchez Pizjuán

O último triunfo celeste no Sánchez Pizjuán deuse o 17 de marzo de 2024

Supuxo o debut de Claudio Giráldez como adestrador do primeiro equipo tras a destitución de Rafa Benítez

G24.gal 07/01/2026 16:05 Última actualización 07/01/2026 16:15

O Celta, que o vindeiro luns visitará o Sánchez Pizjuán na décimo novena xornada, puntuou en tres das súas últimas catro visitas ao estadio do Sevilla, ao que distanciaría a nove puntos en caso de lograr o seu segundo triunfo neste 2026 tras arrincar o ano cunha goleada ante o Valencia (4-1).

Separados por seis puntos na clasificación, os dous equipos disputan un duelo directo por engancharse á pelexa por un billete para Europa, de maior transcendencia para os locais, que caeron á undécima praza tras gañar unicamente un dos seus últimos cinco partidos na liga.

Esa mala dinámica contrasta co prometedor momento de forma que atravesa que o Celta, que viaxa a Sevilla despois de sumar 10 dos últimos 15 puntos en xogo.

O último triunfo celeste no Sánchez Pizjuán deuse o 17 de marzo de 2024, no partido que supuxo o debut de Claudio Giráldez como adestrador do primeiro equipo tras a destitución de Rafa Benítez. A pesar de empezar perdendo, despois de que o marroquí Youssef En-Nesyri adiantase ao Sevilla no minuto 18, os goles de Carles Pérez e Larsen permitiron ao celtismo celebrar o primeiro triunfo da era Giráldez. Con esa vitoria, o Celta rompeu unha serie de dous empates consecutivos no estadio sevillista.

No curso 2021-22, Cervi e Aspas adiantaron ao equipo dirixido entón por Eduardo Coudet, ao que se lle esfumou o triunfo en tres minutos cos goles de Papu Gómez e Óliver Torres entre o 71 e o 74.

A tempada seguinte, con todo, foron os celestes os que rescataron un punto grazas a dous goles de Miguel Rodríguez e Gonçalo Paciencia nos minutos 89 e 93, respectivamente.

O último enfrontamento entre ambos os equipos no Sánchez Pizjuán produciuse o 14 de decembro de 2024. Entón, un solitario tanto do canteirán Manuel Bueno deulle os tres puntos ao Sevilla fronte ao Celta de Giráldez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade