O Celta pide depurar as responsabilidades do presidente da RFEF
Nun comunicado di que "pola defensa dos valores do noso deporte, os organismos capacitados deben actuar o máis axiña posible"

O Celta sumouse a outros equipos de categoría profesional e solicitou, neste comunicado, que se "depuren as responsabilidades do presidente da RFEF"
"O R. C. Celta solicita aos organismos competentes que actúen sen dilación para depurar as responsabilidades do presidente da RFEF, Luís Rubiales, unha vez que de maneira pública declinou presentar a súa renuncia ao cargo".
"O R. C. Celta considera que, polo ben do fútbol español e pola defensa dos valores do noso deporte, os organismos capacitados deben actuar o máis axiña posible".
Comunicado oficial do RC Celta
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) August 25, 2023
O Deportivo tamén manifestou noutro comunicado "o seu rexeitamento á actitude do presidente da RFEF, Luis Rubiales, contraria aos valores que debe transmitir o fútbol"
#RCDEPORTIVO | Comunicado oficial
— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 25, 2023
🔗 https://t.co/xxIsOTRqYs pic.twitter.com/PUZj74DIL5