Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Mingueza e Gabri Veiga, traballaron co resto do grupo

Óscar Mingueza e Gabri Veiga, traballaron co resto do grupo

Os de Carlos Carvalhal empezaron a preparar o partido ante o Almería

G24.gal 28/03/2023 16:04 Última actualización 29/03/2023 11:46

A volta ao traballo do primeiro plantel do Celta carrexou esperanzadoras noticias, xa que tanto Óscar Mingueza como Gabri Veiga, os dous xogadores con problemas físicos, estiveron cos seus compañeiros, o que convida a pensar que poderían estar dispoñibles para a cita o domingo (14 horas) ante o Almería.

Mingueza leva máis dun mes parado por unha lesión na coxa dereita a finais de febreiro. A previsión era entre dúas e tres semanas, pero o prazo disparouse e o futbolista catalán estivo ausente nos tres últimos partidos.

Gabri Veiga chegou con molestias nos isquiotibiais da concentración da selección sub-21 e acabou regresando a casa antes dos partidos. Onte tamén se deixou ver cos seus compañeiros e podería estar dispoñible.

O corpo técnico programou cinco sesións de adestramento para esta semana, todas elas matinais na cidade deportiva salvo a deste martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos