Cargando resultados...
O Celta, pendente da lesión do porteiro Radu
O Celta xoga o xoves en Zagreb partido de Liga Europa
G24.gal
03/11/2025 12:53
Última actualización 03/11/2025 12:57
Claudio Giráldez, adestrador do Celta, está pendente da evolución do porteiro Ionut Radu, quen se someterá a probas de imaxe para coñecer o alcance da lesión sufrida na man durante o partido de onte contra o Levante. O internacional romanés tivo que ser atendido sobre o céspede tras unha gran parada ao remate de chilena do dianteiro Etta Eyong.
Tras ser explorado polo xefe dos servizos médicos do club celeste, Juan José García Cota, Radu puido completar o encontro do Ciutat de Valencia. O Celta xoga o xoves en Zagreb partido de Liga Europa
Ata a data, o substituto de Vicente Guaita na portería celeste foi titular nos 11 partidos de Liga e nos tres da liga Europa.