Aprázase o Celta-Osasuna
Un fungo provocou que o céspede quedase en mal estado
O partido queda fixado para o xoves 27 de agosto ás 20:30
Finalmente, o partido da primeira xornada entre Celta e Osasuna queda aprazado. Tras a análise dos técnicos da Liga, a decisión é que o céspede non está en condicións para a disputa do partido.
Nun comunicado, o Celta explicou: "A semana pasada realizouse unha visita técnica por parte de LaLiga na que se validaron os traballos realizados para erradicar a enfermidade que afectaba o céspede", pero que "as condicións climáticas dos últimos días produciron un efecto adverso na boa evolución que estaba a ter o terreo de xogo e propiciou a decisión de suspender o encontro".
O club tamén confirmou que as entradas son válidas para a nova a data esteblecida. O xoves 27 de agosto, ás 20:30, disputarase este partido, polo que o debut en Liga do Celta será fóra da casa fronte ao Valencia.
𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗗𝗢 𝗔𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔𝗗𝗢 🚨 Debido a unha enfermidade do céspede, @LaLiga acordou cos clubs e a @RFEF aprazar o #CeltaOsasuna deste domingo.
— Celta (@RCCelta) August 13, 2026
𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗗𝗔𝗧𝗔
🗓️ 27 de agosto
⏳ 20:30h
🏟️ Abanca Balaídos
🎟️ Entradas válidas
ℹ️ celtistas@celta.gal
𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢… pic.twitter.com/08Xjtc8PYA