Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta manexa dúas opcións para reforzar a dianteira

O Celta manexa dúas opcións para reforzar a dianteira

Tal e como adiantamos o pasado 2 de xaneiro, a aposta era Fran Navarro, pero o interese do Braga no último momento complica a operación

O internacional suízo Seferovic é a segunda baza que ten Luís Campos

G24.gal 31/01/2023 09:47

O pasado 2 de xaneiro a Televisión de Galicia anticipou o obxectivo prioritario do Celta no mercado de inverno. O dianteiro Fran Navarro era a elección de Carvalhal co completo acordo de Luís Campos. O xogador español do Gil Vicente é un goleador moi sólido na Primeira División de Portugal e está desexando dar un salto na súa carreira. 

A prioridade de Navarro era o Celta pero a última hora apareceu o Spórting de Braga cunha oferta que case dobra as cantidades que o cadro vigués poñía enriba da mesa e complicaron a operación.

Luís Campos terá que moverse rápido porque si queda sen Navarro haberá que activar unha segunda opción. Aí aparece o internacional suizo Haris Seferovic, xogador que pertence ao Benfica e que estaba cedido no Galatasaray que tamén asesora o director deportivo portugués. Os números de Seferovic non están a ser os que agardaba no intre da cesión e a posibilidade de vir ao Celta tamén lle agrada ao dianteiro e ao equipo que ten os seus dereitos. 

Haberá que estar atentos ás vindeiras horas porque van ser de moito movemento na casa do Celta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos