Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta logra a cesión de Carles Pérez do Roma

O Celta logra a cesión de Carles Pérez do Roma

O Celta garda unha opción de compra sobre os dereitos federativos do xogador aínda que non será obrigatoria, como desexaba a entidade italiana

G24.gal 08/08/2022 16:01 Última actualización 08/08/2022 21:39

Carles Pérez xa está en Galicia para asinar o contrato co Celta e estar ás ordes de Coudet para o primeiro partido de liga. Celta e a Roma concluíron este luns un acordo polo que o futbolista Carles Pérez xogue cedido a tempada 2022-2023 no conxunto galego, que se garda unha opción de compra sobre os dereitos federativos do xogador aínda que non será obrigatoria, como desexaba a entidade italiana.

O técnico do Celta, Eduardo Chacho Coudet, xa tentou a súa fichaxe no pasado mercado invernal e reclamaba integrar a ese centrocampista formado nas categorías inferiores do Barcelona.

O xogador debutou co Barcelona en LaLiga o 19 de maio de 2019, no último partido do curso 2018-2019 que enfrontou ao seu equipo co Eibar. Tras ampliar o seu contrato co club azulgrá ata o 30 de xuño de 2022, en xaneiro de 2020 marchouse cedido ao Roma, onde xogou ata o de agora.

Pérez é a oitava fichaxe do Celta tras Óscar Rodríguez (Sevilla), Swedberg (Hammbarby), Luca da Torre (Heracles), Unai Núñez (Athletic Club), Mingueza (Barelona), Paciencia (Eintracht Frankfurt) e Marchesin (O Porto).
 

Mingueza volverá a coincidir con Carles Pérez no Celta
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos