O Celta incrementa o seu límite salarial ata os 6,3 millóns de euros
Na Segunda División, o Lugo diminúe o seu límite en 293.000 euros
Foto @RCCelta
A Liga Nacional de Fútbol Profesional anunciou esta tarde os límites salariais dos equipos de Primeira e Segunda División ao peche do mercado de inverno, e o Celta incrementa en pouco máis de medio millón de euros a cantidade facilitada pola patronal en outubro pasado.
En concreto, o conxunto vigués dispón de 64,3 millóns de euros fronte aos 63,8 do verán. Nos datos feitos públicos pola LNFP, once equipos da máxima categoría ampliaron os seus límites: Barcelona, Atlético, Sevilla, Betis, Cádiz, Mallorca, Valencia, Raio, Valladolid, Almería e Celta, sendo os vigueses dos clubs que menos alteraron as súas contas a pesar da saída de Denis Suárez.
Pola contra, Haris Seferovic foi a única incorporación, ademais de Diego Alves, no mercado de xogadores libres e con posterioridade á data de peche de mercado pola lesión de Agustín Marchesín.
Na Segunda División, o Lugo diminúe o seu límite en 293.000 euros ata os 3.984 milóns. Segue a ser o límite salarial máis baixo da categoría.