O Celta Fortuna remonta contra o Athletic B, pero despídese das opcións de ascenso
Os outros resultados da xornada deixan os vigueses a tres puntos do Nástic, co goal average perdido
Os de Fredi rematan con boas sensacións unha gran temporada, aresotra no 6º posto
O Celta Fortuna quedou sen opcións de clasificarse para a promoción de ascenso á segunda división, nunha penúltima xornada en que cumpriu coa súa parte, gañou diante do filial do Athletic, pero na que o empate do Nástic deixa os cataláns a tres puntos. O enfrontamento directo sáldase con dous triunfos do Nástic, así que o Fortuna xa non ten opcións de acceder a esa qunta praza na última xornada.
Contra o Athletic B a cousa non empezou ben. Adiantouse o cadro vasco grazas a un gol de Huestamendia, que mantiña aos cachorros con opcións de promoción. Era xa a segunda metade, e o conxunto vigués afastábase do obxectivo. Pero os de Fredi non lle perderon a cara ao encontro.
O protagonismo estaba reservado para Antañón que, con dous goles no treito final, deulle a volta ao resultado. Foron no 89 e no 93. O Fortuna rencóntrase co triunfo tras a derrota en Amorebieta, e rematará a temporada en Zubieta.