Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna leva o amigable co Compostela desde o punto de penalti

O Celta Fortuna leva o amigable co Compostela desde o punto de penalti

Gael Alonso marcou na segunda pena máxima do cadro vigués

G24.gal 02/08/2023 21:31

O Celta Fortuna gañou no Vero Boquete de San Lázaro por 0-1 grazas a un penalti transformado por Gael Alonso. Non foi o único lanzamento desde o punto fatídico porque minutos antes o filial vigués desperdiciou unha opción igual. 

Coa presenza do presidente Carlos Mouriño no palco notouse a maior carga de adestramentos que ten o Celta Fortuna. Dominou o partido diante dun voluntarioso Compostela que intentou deixar a mellor imaxe posible diante da súa afección nunha temporada tan ilusionante. 

Produciuse a estrea das fichaxes santiaguesas, sobre todo a de Manu Barreiro que ao final do encontro compartiu saúdo co que fora seu compañeiro no Real Madrid Claudio Giráldez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos