O Celta Fortuna empata co Osasuna Promesas (1-1) e manténse de segundo
Adiantáronse os locais na segunda metade, pero igualou poco despois Anxo Rodríguez cun golazo pola escadra
O filial queda a catro puntos do Tenerife
Moita igualdade no Tajonar entre Osasuna Promesas e o Celta Fortuna, que co punto apañado en terras navarras consegue recuparar a segunda posición na táboa clasificatoria.
Antes de gastar a primeira media hora de xogo, oportunidade osasunista. Centro de Lumbreras e Ander Yoldi, no minuto 25 remata alto, por riba da portería de Coke Carrillo. E a réplica de Ianis Tarba en semivolea, na área contraria, tamén marcha moi desviada por riba da portería de Stamatakis. E a última antes do descanso para os célticos de Álvaro Marín...
Os goles: na segunda metade. Minuto 51, Ander Yoldi deixa atrás a varios futbolistas do Fortuna para darlle o pase definitivo a Roberto Arroyo, que bate a portería do filial céltico...1-0. Ben Yoldi na xogada, mellor Arroyo na definición.
Acción-reacción, aparecen os xogadores máis en forma do Celta Fortuna. No minuto 55 pase de Óscar Marcos e gol de Anxo Rodríguez. Ben Marcos encontrando a Rodríguez e espectacular o lorchazo de Anxo ao que Stamatakis non pode chegar. Empate a un no Tajonar.
Aínda habería tempo para un gol anulado por fóra de xogo. Gol anulado a Auría... e un tiro cruzado sen forza de Yoldi co que se pechaba este encontro de filial marcado polo equilibrio.