Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna e o derbi do Espiñedo, dobre cita da G2 coa 1ª RFEF

O Celta Fortuna e o derbi do Espiñedo, dobre cita da G2 coa 1ª RFEF

O filial do Celta pode asegurar a presenza na fase de ascenso diante do Sanse (sábado, 17:00)

O Deportivo tamén xoga no País Vasco e medirase ao Sestao

Para o domingo queda o Arenteiro-Lugo

G24.gal 03/05/2024 21:10

A xornada na Primeira Federación comeza para os nosos en Zubieta. Alí, e en directo pola G2, ás 5 da tarde, O Celta Fortuna mídese co filial da Real Sociedade. Unha hora máis tarde e tamén en territorio vasco, o Deportivo xoga contra o Sestao River. Agárdase unha nova invasión branquiazul nun partido que podería deixar o ascenso a un só partido de distancia.

Para o domingo quédanos un novo derbi no Espiñedo. O Arenteiro, logo do subidón que supuxo o empate en Riazor, recibe ao Lugo, que busca encadear dúas vitorias consecutivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos