Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna cae na rede defensiva do Nástic (1-0)

O Celta Fortuna cae na rede defensiva do Nástic (1-0)

Pablo Fernández marcou o único gol do partido ao pouco de comezar o segundo tempo

O Celta Fortuna pediu un penalti por mans na área do cadro catalán

G24.gal 21/04/2024 13:58

O Celta Fortuna perdeu na casa dun Nástic de Tarragona que amosou as súas virtudes. Un equipo moi forte defensivamente que xerou moi poucas ocasións diante de Ruly García pero tamén concedeu escasos achegamentos a un Celta que levou a iniciativa. 

No primeiro tempo o cadro vigués puido adiantarse en dúas ocasións de Pablo Durán e outra de Joel López pero en ningunha das situacións acertou co remate. No segundo tempo chegou o tanto de Pablo Fernández (minuto 56) nun remate de cabeza. 

Co Nástic por diante é moi difícil facerlle un gol. O Fortuna tivo o dominio do coiro pero as oportunidades foron moi escasas ata o final do partido. Na mellor, un remate de Fer López acabou petando nas mans dun defensa local pero o colexiado non asubiou nada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos