O Celta Fortuna, a durmir líder ante un Sabadell con urxencias

O filial celeste sumou 14 dos últimos 18 puntos en xogo

G24.gal 27/10/2023 13:10 Última actualización 27/10/2023 13:17

O Celta Fortuna, lanzado tras sumar 14 dos últimos 18 puntos en xogo, buscará alongar o seu gran momento de forma cun novo triunfo ante o Sabadell para durmir líder, á espera do que faga ao día seguinte o Nàstic na súa visita a Riazor.

Giráldez: "Hai que ser realistas. Ata que remate a primeira volta é difícil valorar onde estás".

"Temos o aliciente de xogar en Barreiro con moi bo ambiente".

A pesar da perda de xogadores importantes como Carrique, Medrano, Barcia, Iker Losada e Lauti o pasado verán, ao que hai que sumar que Hugo Sotelo, Miguel Rodríguez e Carlos Domínguez xa son habituais na convocatoria de Rafa Benítez, o filial do Celta volve ser a gran sorpresa do grupo I de Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade