Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta e o Nápoles seguen sen pechar o traspaso de Gabri Veiga

O Celta e o Nápoles seguen sen pechar o traspaso de Gabri Veiga

Nas últimas horas as negociacións deron un xiro e o futbolista volveu ao traballo co equipo celeste

G24.gal 22/08/2023 12:29 Última actualización 22/08/2023 12:33

O Celta e o Nápoles seguen sen pechar o traspaso do internacional sub-21 Gabri Veiga ao club italiano, polo que o xogador continúa traballando ás ordes de Rafa Benítez na cidade deportiva Afouteza.

O centrocampista viaxou a fin de semana co equipo a San Sebastián pero non tivo minutos no partido contra a Real Sociedade porque, segundo explicou o seu adestrador na conferencia de prensa posterior ao choque de Anoeta, a súa saída estaba “moi preto”: 

“Non tiña sentido que xogase, hai que ser realistas, estamos xa moi preto da súa saída”, indicou Benítez, quen falara co xogador antes do choque. 

No Celta esperaban que a operación se pechase durante a fin de semana, pero nas últimas horas as negociacións deron un xiro e o futbolista volveu ao traballo co equipo celeste, que empezou a preparar este martes o próximo encontro ligueiro contra o Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade