Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta e o Deportivo non se moven no último día de mercado

O Celta e o Deportivo non se moven no último día de mercado

Cinco dos seis equipos galegos da Primeira Federación aproveitaron as últimas horas para mellorar os seus equipos

G24.gal 02/09/2025 00:03

O Celta e o Deportivo non realizaron movementos neste último día de mercado. Agora non se pode tocar nada -agás xogadores que estén en paro- ata o mes de xaneiro cando volverán a aparecer días de incerteza e outra vez a lea das fichaxes. Claudio buscaba unha "guinda" para pechar o plantel pero non conseguiu ese mediapunta desexado ao non liberar ningunha das fichas. Tiña que vender ou rescindir a algún xogador -Cervi e Aidoo eran os máis probables- pero non se deu o caso. 

No Deportivo, co movemento de Stoichkov por Bouldini de finais da semana pasada dábase por cerrado o capítulo de fichaxes, un mercado que deixou plenamente satisfeito ao seu adestrador. 

Onde si houbo movementos ata o último intre foi na Primeira Federación. O Pontevedra asinou dous xogadores en ataque, Denia e Comparada. Tamén dous xogadores incorporou un Arenteiro -Martín Ochoa e Bastida- que lle deu a baixa a Tiago. O Rácing firmou o lateral esquerdo cántabro Saúl. O Ourense Club de Fútbol ao defensa Jelbat e o Celta Fortuna o prometedor Ndiaye para apuntalar o equipo de Fredi. O único equipo que quedou como estaba foi o Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar