O Celta desconéctase no desconto e cae 2-0 ante o Benfica
O equipo de Benítez competiu durante 90 minutos, mais dúas desconexións definiron o encontro
Di María e Musa anotaron os tantos portugueses
O R. C. Celta tiña fronte a el unha proba de nivel, nada máis e nada menos que un cuartofinalista da Champions League, e durante 90 minutos deu a cara.
No Algarve atopouse ante un Benfica máis rodado e que xa suma un pleno de vitorias nos seus catro encontros de pretemporada.
Benítez saltou co mesmo once que no anterior partido ante o Al Nassr, co único cambio da entrada do noruegués Larsen por un Paciencia que nin sentou no banco por molestias.
O encontro foi durante 90 minutos moi disputado, sen moitas ocasións e cos acercamentos máis perigosos detidos por Iván Villar. Os celestes mostrábanse sólidos, mais incapaces de facer dano co balón ao equipo luso, e todo parecía indicar que remataría nun empate sen goles.
Mais no minuto 90, unha incursión do equipo lisboeta na área viguesa rematou nun derribo do xogador da canteira Gael ao dianteiro rival. O colexiado acudiu ao VAR e decretou penalti. Di María non ía fallar e anotaba o 1-0.
O máis preocupante foi o segundo gol, pois nada máis sacar de centro, chegáballe o balón a Tapia, que deu un pase que quedaría corto no seu camiño a Gael e sería roubado por un Musa que non perdoaría diante de Rubén. Falta de comunicación, e o Celta recibira dous goles nun minuto. 2-0 e final.
O adestrador celeste marchaba contento polo traballo feito nestes primeiros encontros no Algarve, mais dándose conta de que aínda faltaba moito por facer. O próximo amigable será o vindeiro sábado 29 no Quinocho fronte ao Olimpyque de Lión .