Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta crea o Carné Celtista, sen asento, pero con número e mantendo a antigüidade

O Celta crea o Carné Celtista, sen asento, pero con número e mantendo a antigüidade

A campaña de renovacións comezará o 17 de xuño

G24.gal 11/06/2024 13:24 Última actualización 11/06/2024 13:35

O Celta anunciou este martes a creación do novo Carné Celtista, pensado para aqueles afeccionados que non poden acudir a Balaídos. Por prezos menores que unha renovación normal, manteñen o número de socio, a antigüidade e outras vantaxes que comporta ser socio do Celta, pero non a butaca no estadio.

Para diferencialo, o carné convencional pasa a chamarse Carné Celtista Abonado, "dúas maneiras diferentes de formar parte do R. C. Celta, pero unidas por un mesmo carné", din desde o club.

O Carné Celtista preséntase como "unha porta de entrada para todos aqueles que aman estas cores e desexan formar parte da familia celeste". Destacan que "agora poderán gozar de todas as vantaxes fóra da butaca asignada en Balaídos por un prezo moi accesible, co obxectivo de crear un R. C. Celta global e para todos, levando a Afouteza ata calquera lugar do mundo".

Os beneficiarios destes carnés poderán decidir se recibilo de maneira física nos seus domicilios "ou seleccionar que non e con esta acción contribuír ao compromiso do R. C. Celta coa sustentabilidade e o medio ambiente".

O club especifica que o afeccionado con abono que decida cambiarse a Carné Celtista manterá a súa antigüidade como socio e as súas vantaxes serán exactamente as mesmas, fóra da butaca no estadio e non se gardará o asento unha vez feito o cambio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar