Cargando resultados...
O Celta chega a un acordo co Vilarreal para ceder a Sergio Carreira
O lateral dereito xogará no filial do 'submarino amarelo' xa que non entra nos plans do técnico celeste Eduardo 'Chacho' Coudet,
G24.gal
04/08/2022 16:06
Celta e Vilarreal chegaron "a un principio de acordo" para que o internacional sub-21 Sergio Carreira xogue, en calidade de cedido, no filial do conxunto castellonenco a tempada 2022-23.
O lateral dereito non entra nos plans do técnico celeste Eduardo 'Chacho' Coudet, que conta nesa posición co capitán Hugo Mallo e Kevin Vázquez.