Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B vence con contundencia en Salamanca (0-3)

O Celta B vence con contundencia en Salamanca (0-3)

O filial vigués deixou unha grande impresión cos dous goles de Miguel Rodríguez

Hugo Álvarez completou a goleada ao bordo do minuto 90

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 18/12/2022 14:33

No Reina Sofía de Salamanca, o Celta B impúxose con claridade e merecemento o Unionistas por tres a cero.

O primeiro gol chegou no minuto trinta por medio de Miguel Rodríguez.

Nun gran segundo tempo, os vigueses ampliaron o marcador na recta final do encontro.

O cero a dous sería consecuencia dunha grande acción combinativa do conxunto celeste que se resolveu co pase de Medrano e o remate de Miguel Rodríguez no minuto 83.

E no tempo engadido, o filial céltico pechou o triunfo nunha xogada de Javi Rodríguez culminada por Hugo Álvarez.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar