Cargando resultados...
O Celta B sucumbe ao vibrante inicio do Tudelano (0-2)
G24.gal
12/03/2022 18:33
Ao igual que xa acontecera no partido de ida, o Tudelano tombou ao filial do Celta con dous goles antes do minuto 20 de partido.
E todo a pesar de que os de Onésimo (hoxe sancionado) comezaran mellor no partido, con algunha ocasión clara nas botas de Alfon. Pero dous tantos de Laerte e Caballero no 14 e no 18 noqueáronos.
Ademais, Carbonell foi expulsado e o Celta B xa non tivo capacidade de reacción.