O Celta B saca un punto na festa do Sardinero
Comezou gañando por 2-0 o equipo local, ao que lle valía o empate para ascender
Miguel Rodríguez e Iker Losada marcaron os goles vigueses
O Celta sacou un importante empate no campo do campión, o Rácing de Santander. E iso que comezaron mandando os cántabros, que se adiantaron con dous goles na primeira metade. Unai Medina aproveitou un erro de Ruly para abrir o marcador. Pouco despois, o goleador Cedric acudía á súa cita para anotar o segundo, que deixaba o ascenso matemático moito máis preto.
Pero o Celta B quería participar da festa, e na segunda metade acortaba diferenzas por medio de Miguel Rodríguez, e empataba con este penalti transformado por Íker Losada. Dous a dous no Sardinero. Festa polo ascenso matemático dos locais, e o Celta B consolídase nos postos de promoción.