Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B repite triunfo e asexa a fase de ascenso

O Celta B repite triunfo e asexa a fase de ascenso

G24.gal 12/12/2021 14:38

O Celta B gañou por 2-0 ao Talavera, sumou o segundo triunfo consecutivo e colocouse a un só punto da fase de ascenso. Dominou por completo a un rival no que o mellor foi o porteiro galego Edu Sousa. 

Os goles chegaron no treito final do primeiro tempo. Nun espazo de só catro minutos marcaron Miguel Rodríguez, cun gran remate coa esquerda, e Diego Pampín, aparecendo por sorpresa na área. 

Na segunda metade puido aumentar a diferenza o filial celeste. Mancouse o dianteiro Lautaro ao notar unha picada muscular. Xa estivera afastado dos terreos de xogo varias xornadas por unha lesión similar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade