Cargando resultados...
O Celta B reivindícase en Ceuta cun triunfo balsámico
Lautaro marcou dous goles e o indultado Javi Gómez anotou o terceiro
G24.gal
18/09/2022 13:53
O Celta B gañou no campo do Ceuta e sumou o primeiro triunfo da temporada. Unha vitoria balsámica despois da derrota da fin de semana pasada diante do Córdoba.
O dianteiro de Portonovo Lauti foi o protagonista do triunfo. Os seus dous goles resultaron fundamentais para gañar no campo ceutí e diante dun equipo que aínda non sumara ningún punto na temporada.
O primeiro marcouno no último minuto da primeira metade. Houbo un intre de dúbida co empate de Ñito no 66 pero Lauti no 74 volvía poñer a vantaxe para os do filial celeste. O definitivo 1-3 anotouno o perdoado Javi Gómez.